HomeCulturaPresentación de tres poemarios no Día das Letras Galegas no Ateneo Casino...

Presentación de tres poemarios no Día das Letras Galegas no Ateneo Casino de Monforte

Será este sábado, 17 de maio, ás 19:30 horas e o acto promóveo Peruchela Edicións.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este sábado 17 de maio, o Ateneo Casino de Monforte de Lemos será o escenario, a partir das 19:30 h., dun acto para celebrar as letras cunha emotiva homenaxe á poesía galega contemporánea.

No marco das celebracións do Día das Letras Galegas, presentaranse tres novos poemarios escritos integramente en lingua galega: A Cor do Sentimento, de Suso Talento, Verbas do Corazón, de Gloria Guerrero e Epigramas con Reparos, de Eliseo Méndez Nieto.

A presentación correrá a cargo da editorial responsable das publicacións, na voz de Rocío Peruchela, quen acompañará aos autores e autoras nesta velada aberta a todo o público.

“A diversidade estilística e emocional destes tres títulos ofrece unha oportunidade única para achegarse á creación poética galega desde distintas sensibilidades, todas elas unidas polo compromiso coa nosa lingua e cultura”, comentan dende Peruchela Edicións.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...