
Xesús Mato é sacerdote e Fillo Predilecto de Paradela, terra que o viu nacer. Entre as obras que realizou ó longo da súa traxectoria destacan a de fundador e primeiro director de Radio Popular Lalín e da Polifónica de Lalín. Creou e coordinou a Asociación Auxilar de Lugo durante os anos 1970-1977; co-fundador dos grupos “Fuxan os Ventos” e “Galicia canta ó Neno”; fundador-director dos coros nos colexios Menores Santísimo Sacramento e Eixo e Garay. Ademais, e xunto con outros autores, publicou os libros “Galicia canto ó neno” e “Por un Lugo sen barreiras”.
Estes traballos remataron en premios como o de Lucense do ano no 1991, V Premio Moncho Valcarce no 2009, Terceiros Premios de Cultura Tradicional de María Castaña e Premio de Xornalismo sobre a Navidade, Begonte tamén no 2009.
Por toda esta labor é distinguido coa Medalla Castelao na edición 2018 e que lle será entregada o día 28 de xuño. Xunto a el, outros nomeados a esta distinción foron a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, a profesora e investigadora María José Alonso, o empresario téxtil Jesús Domínguez e os carteiros rurais de Galicia.
O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal, o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos cuxa obra, en calquera faceta de actividade humana, é considerada merecedora do recoñecemento de toda Galicia.