HomeMedio ambiente e PatrimonioProhibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Esta medida supón que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste xoves, 10 de abril, e ata novo aviso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos.

Esta decisión adoptouse despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –-Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais-– que prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

A Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 para chamar en caso de detectar algún lume forestal.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...