InicioDeportesSarria, protagonista da derradeira etapa do 'Gran Camiño'

Sarria, protagonista da derradeira etapa do ‘Gran Camiño’

Será mañá, domingo 27 de febreiro, cunha contrareloxo individual de 15,80 quilómetros. 'O Gran Camiño' é a renovada volta ciclista a Galicia, na que participan douscentos corredores e dezasete equipos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria será o centro de atención este domindo 27 de febreiro ao acoller o final da competición ciclista ‘O Gran Camiño’ cunha proba contrareloxo individual de 15,80 quilómetros con saída na Rúa da Liberdade (Calvo Sotelo) e chegada á Rúa do Castelo. O comezo da mesma está programado para as 11:40 horas.

“Este gran evento traerá ao Concello de Sarria unha importante infraestrutura que nos fixo reprogramar outras actividades como o desfile de Entroido de 2022 –tívose que pasar ao 6 de marzo--” indican fontes do consistorio. Así mesmo, esta competición provocará que por algunhas das rúas desta vila non se poida circular nin aparcar durante boa parte do domingo.

Ante esta situación, dende o concello piden paciencia e planificación para os desprazamentos na mañá do domingo 27. Neste senso, solicitan seguir as indicacións das forzas e corpos de seguridade e trasnmiten a seguinte información, moi importante no que a restriccións de mobilidade significa:

-Cortarase a circulación a partir das 11:30 h. da mañá.

-No percorrido dos participantes, non poderá circular ningún vehículo fóra dos propios vehículos da carreira.

-A rúa da Liberdade (Calvo Sotelo), desde o cruzamento con rúa Xela Arias, ata a intersección con Matías López, estará reservada para o aparcamento de equipos.

-A rúa Matías López, desde o cruzamento con rúa Xela Arias, ata a intersección con rúa da Liberdade (Calvo Sotelo), estará reservada para equipos e organización.

-A rampla de saída estará situada na intersección en Catro Camiños.

-A rúa Matías López, entre a intersección con Rúa da Liberdade (Calvo Sotelo) e a rotonda con Diego Pazos, estará reservada para os corpos de seguridade.

Croquis informativo das restriccións de mobilidade

Dende fontes do Concello de Sarria indican finalmente que o desenvolvemento da proba ciclista causará molestias importantes pero “merecerá a pena, pois gozaremos dun gran espectáculo que será televisado para máis de 200 países, por Eurosport, TVG1 e TVG2”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...