IniciosociedadeLavado de cara para un edificio emblemático

Lavado de cara para un edificio emblemático

La Unión de Sarria vén de inaugurar as obras de mellora que executaron no edificio que lles serve de sede e que supuxeron a rehabilitación da galería contruída no século XIX.

Publicado o

- Advertisement -

A sociedade cultural e recreativa La Unión desenvolve a súa actividade nesta contrución tan característica en Sarria. O edificio, do século XIX, presenta partes moi deterioradas, entre elas a galería. Foi precisamente a galería o espazo no que se concentraron as obras para as que se utilizou madeira de castiñeiro. Tamén se cambiaron os canalóns de recollida de auga para evitar o deterioro da nova balconada. Na financiación destas obras colaborou a Deputación Provincial con 40.000 euros. Segundo o ente provincial, estas melloras non só benefician aos socios de La Unión, senón á totalidade dos 13.500 sarrianos ao tratarse dun dos edificios máis emblemáticos e fermosos da vila.

A sociedade La Unión é unha veterana entidade con gran implantación e tradición na vida de Sarria, con máis de 500 familias socias. A entidade cumprirá os 100 anos no 2019 e ten a súa orixe nunha asociación, o Clube Celita de Fútbol, da que foi impulsor o famoso toureiro sarrián Celita.

 

Ten a súa sede neste edificio dende hai case noventa anos, primeiro en alugueiro e despois en propiedade. O edificio fóra construído a finais do século XIX para residencia do industrial e político Venancio Vázquez López, sobriño doutro sarrián ilustre, o empresario, deputado e filántropo Matías López. O edificio levántase nunha finca de 4.000 metros cadrados no centro de Sarria.

Sociedade La Unión / PSOE provincia de Lugo

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...