HomeMedio ambiente e PatrimonioA praga de ratas, "un problema de Triacastela" que xa afecta a...

A praga de ratas, “un problema de Triacastela” que xa afecta a toda a comarca “pola falta de actuación da Xunta”

O sindicato Unións Agrarias estima que o terreo afectado polos roedores supera nun "vinte ou trinta por cento" os cálculos do goberno galego.

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) cre que a “falta de actuación” da Xunta de Galicia contribuíu a estender a praga de ratas toupa en Lugo. “O que empezou sendo un problema nunha parroquia en Triacastela está a converterse nun tema que afecta a moitos gandeiros”, sinalou Roberto García, de Unións Agrarias.

Á súa vez, o sindicato considera que a Xunta se quedou curta nas súas estimacións sobre a superficie afectada por estes roedores. Eles calculan que habería un “vinte ou trinta por cento máis” de terreo prexudicado. Ademais, critican que hai “gandeiros que, dado que teñen seguro, non van recibir ningún tipo de compensación por estes danos”.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...