HomeCulturaComeza o prazo de inscrición da nova edición do Certame Condado de...

Comeza o prazo de inscrición da nova edición do Certame Condado de Pallares

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares organiza a edición número 13 deste certame de investigación.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado venres día 7 presentouse no Museo Provincial de Lugo a 13ª edición do Certame Condado de Pallares de investigación. A este concurso poderánse presentar investigacións do eido da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, a etnografía ou o folclore nos concellos do antigo Condado.

O Condado de Pallares era un dos once condados nos que se dividiu a Diócese de Lugo no século VI e abarca os concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo. A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, explicou que “o coñecemento da nosa historia, da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio é necesario para poder conservalos”.

Quen desexe participar no certame deberá presentar o seu texto antes do 30 de setembro e deberá estar escrito integramente en galego. A extensión mínima dos traballos será de cen páxinas e o gañador recibirá un premio de 3.000 euros.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...