HomeComarca de QuirogaA campaña 'Merca no teu comercio' chega á Comarca de Quiroga

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

Entre o 1 e o 15 de xullo de 2025 terá lugar esta iniciativa publicitaria e promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Merca no teu comercio’ chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. Trátase dunha actuación de dinamización do comercio local que impulsan a Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 22 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, nas datas da campaña (do 1 ao 15 de xullo de 2025). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (mercanoteucomercio.com/quiroga; mercanoteucomercio.com/folgosocourel; mercanoteucomercio.com/ribasdesil) a través de calquer dispositivo electrónico: móbil, tablet ou ordenador.

A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

1000 EUROS EN PREMIOS

Entre os e as participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 16 de xullo, e o mércores 23 de xullo terá lugar a entrega dos premios aos afortunados na Praza Rúa Lago de Quiroga.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...