HomeCulturaSarria convértese nun ‘Salón Internacional de Arte’

Sarria convértese nun ‘Salón Internacional de Arte’

A vila respirará arte con autores chegados de todo o mundo e unhas 150 obras expostas para aumentar o prestixio da ‘Bienal de Sarria’.

Publicado o

- Advertisement -

A décima edición desta exposición fundada polo escultor sarriano que conqueriu Francia, José Díaz Fuentes, terá lugar este ano do 23 de xullo ao 18 de agosto.

O pasado día 20 de xullo tivo lugar unha inauguración previa no Mosteiro da Magdalena, en Triacastela, onde está exposta unha mostra de obras pensada para aproveitamento e goce dos peregrinos que pasan a diario por esta vila. E hoxe, 23 de xullo, ás 20:30 h. farase a inauguración oficial da “Décima Bienal de Sarria” na antiga prisión comarcal de Sarria. Neste acto de apertura estarán o alcalde Claudio Garrido Martínez, Reyes Abella García, concelleira de Cultura, Pedro Pardo Díaz, presidente do centro UNESCO de Sarria, Florence Normier, presidenta do SIA-Sarria (Salón Internacional de Arte) e Anne-Michèle Vrillet, comisaria das exposicións.

Expoñeranse instalacións, pinturas, esculturas, gravados, debuxos, creacións dixitais… Un total de 150 obras procedentes de 17 países estranxeiros que acompañarán ás obras dos artistas galegos presentes na mostra.

Os días 24 e 25 de xullo, algúns artistas traballarán ao aire libre con materiais reciclados facendo da arte un idioma universal para goce dos presentes que pasen por Sarria ou vaian expresamente para satisfacer a súa curiosidade.

ÚLTIMAS

Sober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o “gasto social e o investimento”

Desde o equipo de goberno asegúrase que os presupostos apostan pola igualdade, buscando a...

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...