HomesociedadeO equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de ESO do IES Río Cabe xa se tiña clasificado para a final da liga de Debate do Parlamento Xove e esta fin de semana foi a quenda de Bacharelato, que tamén se clasificou para a fase final de eliminación directa, que incluirá cuartos de final, semifinal e final e que se celebrará en Santiago de Compostela en xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro González, Miguel Rois García e Manuel Álvarez Ruíz de 1º BAC e Diego Expósito Díaz de 2º BAC e coordinado pola profesora Pilar López, competiu xunto a outros 24 equipos procedentes de centros públicos e privados de toda Galicia e acadou un merecido cuarto posto, cunha puntuación total de 449.

Nesta ocasión os tres debates levados a cabo foron cos seguintes equipos:
IES RÍO CABE (152 puntos) – CPR PLURILINGÜE LAR DE MOS (149,5puntos)
IES RÍO CABE (144,5 puntos) – CPR PLURILINGÜE La Salle 2 (115 puntos)
IES RÍO CABE (152,5 puntos) – IES LAURO OLMO (143,5 puntos)

O excelente resultado sitúa ao conxunto entre os oito mellores equipos do torneo, asegurando o seu pase á fase final de eliminación directa. A competición destacou pola intensidade e pola igualdade entre os participantes, o que dá aínda máis mérito ao logro acadado polo alumnado do IES Río Cabe.

“Ademais dos resultados, o equipo sobresaíu pola súa preparación, compromiso, respecto ás normas e espírito deportivo”, destaca a dirección do centro que felicita ó alumnado participante polo seu esforzo e dedicación, así como ó profesorado responsable da preparación do equipo. “Este éxito reflicte o traballo constante que se realiza no centro. Celebramos este logro con orgullo e afrontamos con ilusión e responsabilidade a seguinte fase do torneo”, conclúen.

Equipo de debate BAC IES Río Cabe / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...