HomeCulturaAle González pecha o ciclo Cos Pés na Terraza

Ale González pecha o ciclo Cos Pés na Terraza

O ciclo que este verán levou a música ás terrazas dos bares guímaros, ‘Cos Pés na Terraza’, remata este mércores 28 en Salcedo, co músico local, Ale González.

Publicado o

- Advertisement -

O cantante e compositor de Los Árboles actuará en Salcedo, a súa parroquia de orixe, este día 28 ás 21:00 h. A cita será na terraza da Cantina de Julia. Posteriormente o propio artista ofrecerá unha sesión DJ na Salanova.

O concerto que ofrecerá Ale González en Salcedo é parte dunha serie de concertos acústicos onde revisa a piano e voz o último disco de Los Árboles, Ensayo y Error, xunto con parte dos seus anteriores traballos, cancións inéditas que pronto darán forma ao seu primeiro disco en solitario, e algunhas versións.

Ale está aproveitando esta xira, na que xa visitou numerosas salas en Galicia, Madrid e Cataluña, para achegarse ao público e xogar coas súas propias cancións dunha forma máis intimista e persoal.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...