HomeDeportesO Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

Foi este domingo 8 de marzo nas augas do río Cereixo, lugar onde se celebrou a Copa David Castro. O Club de Piragüismo de Monforte acadou 5 medallas individuais nas diferentes categorías nas que participaba.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das súas promesas e nunha competición que os levou ata o Concello de Tomiño. A zona recreativa fluvial da Pedra, a carón do emblemático río Cereixo, foi o escenario que acolleu a diferentes clubs galegos para competir na Copa David Castro de Promoción Slálom, unha proba que leva o nome dun piragüista local que foi un dos fundadores do clube deportivo Miño-Teixugos de Tomiño e que perdeu a vida no ano 2010.

O río Cereixo levaba un caudal baixo e, como característica principal del, é de percorrido longo e con bastante separación entre portas. Con todo, os deportistas que se desprazaron do Quixós fixeron moi boas mangas. En concreto, 5 foron os metais acadados facendo posible que o club quedase como primeiro na clasificación por equipos.

Clasificación por equipos. Primeiro, Club Quixós; Segundo Club Penedo Te Importa; e Terceiro, CDM Piragüismo Dumbría. Foto: XMF.
MEDALLAS INDIVIDUAIS

En categoría benxamín, Juan Baquero levou un ouro en K-1; en alevín Breixo Fernández acadou prata en C-1 e Manuel Rodríguez prata en K-1; e en infantil; finalmente Xoel Fernández acadou dous ouros, en C-1 e K-1 respectivamente.

Xoel Fernández recollendo un dos ouros. Foto: Quixós.
Ouro para Juan Baquero. Foto: XMF
Prata para Breixo Fdez. Foto: XMF
Manuel Rodríguez, prata. Foto: XMF

ÚLTIMAS

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...

Por Chantada lamenta que o PP votara en contra de establecer bonificacións sociais no IVTM para persoas con discapacidade e as súas coidadoras

A moción, que presentou Por Chantada, basébase na posibilidade legal que teñen os concellos...