HomeCulturaMáis dun cento de alumnos estudan na Escola de Música Samoeiro

Máis dun cento de alumnos estudan na Escola de Música Samoeiro

O curso na Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ na Pobra do Brollón, comeza con 107 alumnos matriculados nalgunha das oito especialidades ofertadas.

Publicado o

- Advertisement -

As clases máis populares son as de baile tradicional e percusión (pandeireta, tambor e tamboril), seguidas de coro, música e movemento (para nenos), gaita, acordeón, piano e frauta. Case a metade dos 107 alumnos están matriculados en máis dunha materia.

‘Sentímonos orgullosos de ter posta en marcha a Escola municipal de Música hai xa once anos e ver como cada curso ten tan boa acollida polos veciños da Pobra, e tamén de concellos limítrofes’, comenta o alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda. ‘Non é só a oportunidade de aprender e perfeccionar habilidades musicais. É tamén un espazo onde socializar e facer comunidade.’

Precisamente para este fin, unir aos veciños das diferentes parroquias, creouse neste curso 2019-2020, o ciclo de ‘Foliadas Guímaras’ itinerantes. Cada mes, o local social dunha parroquia será o escenario para unha festa de participación libre e aberta, na que os alumnos poderán poñer en práctica o aprendido. A primeira foliada foi a principios de mes en Salcedo e proximamente anunciarase a data e lugar da segunda.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...