HomeCulturaQuiroga celebra o Día de Galicia

Quiroga celebra o Día de Galicia

Para este sábado día 25 o Concello de Quiroga ten programados diversos actos que comezarán ás 13.00 h. cunha recepción aos colectivos culturais do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recepción terá lugar no salón de sesións da casa consistorial onde tamén se fará entrega dos premios do I Concurso de Fotografía “Xeoparque Montañas do Courel”, convocado pola Área de Xuventude. Todos os traballos presentados a este certame expoñeranse na Sala de Exposicións da Casa da Cultura dende este mesmo día.

Por tratarse do Día de Galicia non faltará a música tradicional, unha vez rematen os actos no salón de sesións o grupo de gaitas local “O Recanto” actuará diante da casa consistorial. Tras esta actuación, na que non faltará a interpretación do Himno de Galicia, fará unha alborada polas rúas da vila.

E xa como remate desta xornada festiva, a partir das oito do serán o grupo “Os Caliqueños” actuará polas rúas da vila quiroguesa.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...