HomeCulturaOlga Novo, o orgullo da Pobra do Brollón

Olga Novo, o orgullo da Pobra do Brollón

A poeta vén de gañar o Premio Nacional de Poesía 2020 coa obra "Feliz Idade".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado elixiu esta obra “por tratarse dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo“. “O libro é unha criatura viva que relaciona a maternidade e a morte cunha profunda presenza crítica da memoria histórica”, engadiu.

Olga Novo naceu no ano 1975, é orixinaria de Vilarmao, parroquia de Castroncelos na Pobra do Brollón,  é está doutorada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.

Voz destacada da poesía contemporánea en galego, é autora dunha obra entroncada con propostas radicais surrealistas e libertarias, marcada ademais por un profundo vitalismo telúrico, o feminismo, a memoria agraria e o erotismo.

Podedes ampliar información no diario dixital Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...