InicioCulturaSarria honra a figura de Xela Arias

Sarria honra a figura de Xela Arias

O Concello de Sarria organiza estes días diferentes actividades para lembrar a súa senlleira pegada nas nosas letras. Coñecemos a programación ao detalle da man de Reyes Abella, concelleira de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellería de Cultura de Sarria, como xa avanzara meses atrás, ten a intención de realizar actos en homenaxe a Xela Arias todo o ano. Con todo, estes días que orbitan arredor do Día das Letras Galegas tamén se caracterizarán por contar con interesantes actividades culturais na súa honra.

Tendo en conta esta premisa, e sabendo que o 17 de maio a familia de Xela estará en Vigo, no acto central da Real Academia Galega, o concello optou por organizar ese día algo máis sinxelo.

En calquera caso, o programa de actividades deseñado polo concello para estes días contará con diferentes actividades das que nos dá conta Reyes Abella, a concelleira de Cultura. A programación abrangue dende recitais poéticos, ata espectáculos temáticos, proxeccións de documentais e unha presentación discográfica.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Domingo 16

A Casa da Cultura acollerá ás 19:00 h. un recital poético no que participarán poetas sarriaos que colaboraron na exposición “Xela Arias. Aquela nena de Sarria”, profesores e alumnado dos institutos e outra xente de Sarria que fai poesía.

A continuación, tamén na Casa da Cultura, ás 20:00 h. haberá unha proxección documental co título de “Vencerse é cousa de se tratar”. En palabras de Reyes Abella, concelleira de Cultura, “é moi moi sarriao, moi centrado na nenez de Xela e con aportacións dos estudantes dos dous institutos”. Segundo sabemos, está vertebrado arredor da creación do mural coa imaxe de Xela e tamén saen intervencións de Ugia Pedreira e A Banda da Loba reflexionando sobre a súa pegada musial. O traballo audiovisual, poderá verse tamén na TVG este mesmo día ás 15:00 h.

Luns 17

Ás 12:00 h. está programado na Casa da Cultura un orixinal espectáculo que leva por título “Xela con área”, a cargo de Marcos Escudero. Contémplase a súa realización segundo aforo e despois, en diferido, poderase ver nas redes sociais do concello e na súa canle de youtube.

Xa pola tarde, ás 13:00 h. terá lugar a presentación do disco “O equilibrio dos tigres” un traballo no que Eloi Caldeiro ponlle música a unha escolma de poemas de Xela Arias.

Martes 18

Este día terá lugar ás 12:00 h. un recital na Rúa Xela Arias, no xardín da Capela de San Lázaro. “Os Camiños literarios de Xela Arias”.  A iniciativa dunha profesora do IES Xograr Afonso Gómez consistirá nun recital a cargo de todos os centros educativos sarriaos diante do mural inaugurado días atrás.

Venres 21

Proxección na Casa da Cultura do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”, ás 19:00 e ás 20:00 h. Trátase dunha obra de Beatriz Pereira que chega a Sarria baixo o patrocinio da Xunta de Galicia, dentro do ciclo de actuacións do Xacobeo 21-22 e Dinamización Lingüística. Reyes Abella dinos que aínda que haberá dous pases, cómpre reservar localidade antes.

OUTRAS INICIATIVAS

Dende este venres 14 de maio unha proxección alusiva a Xela Arias lucirá pola noite e durante unha semana no Cruce da Avenida.

Proxección. Foto cedida.

Dende o CEIP Frei Luís de Granada e a EEI Xela Arias fixeron tamén unhas emotivas homenaxes a Xela Arias que inmortalizaron nos seguintes vídeos.

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...