HomeCulturaXela Arias xa ten unha rúa en Sarria

Xela Arias xa ten unha rúa en Sarria

A antiga rúa dedicada ao fascista José Antonio Primo de Rivera leva agora o nome da homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 2 de maio, o Concello de Sarria organizou un acto no que se lle puxo o nome de Xela Arias a unha rúa, concretamente á rúa José Antonio Primo de Rivera.

Ademais de descubrir a nova placa da rúa co seu nome, inaugurouse un retrato mural da intelectual sarriá, a gran tamaño e realizado na parede dunha casa polo artista Mon Devane.

Acompañaron ao equipo de goberno e á familia de Xela neste emotivo acto: Victor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, María José Gómez, delegada Territorial de Cultura da Xunta de Galicia; Efrén Castro, deputado provincial e Mónica López, ambos concelleiros de Sarria.

Momento no que o Alcalde se dirixía ao público asistente. Foto: Víctor Formoselle de Sarria

O concello agradeceu, ademais, a presenza de veciñas e veciños no xardín da Capela de San Lázaro e a participación no evento de Arlindo, a asociación Peleriños e Malditos Roedores.

EXPOSICIÓN

A exposición itinerante para exteriores organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo: “Xela Arias. A poesía do retrato” poderá verse nas rúas de Sarria ata o 20 de maio. Aquí podedes acceder ao mapa da exposición.

ÚLTIMAS

A XIII Subida a Taboada dos días 25 e 26 de abril abre o calendario do Campionato Galego de Montaña

Estes venres presentouse a XIII Subida a Taboada, que se celebrará o 25 e...

Cita co piragüismo este 30 de maio no encoro de Vilasouto

A cita deportiva corresponde á Regata Galega de prebenxamíns, benxamíns e alevíns K1 1.500...

O CIM Móbil da Xunta chega o día 23 á Pobra do Brollón

O CIM Móbil que pasará pola Pobra do Brollón ofrecerá información, asesoramento e acompañamento...

A D.O. Ribeira Sacra presente no Salón Gourmets de Madrid

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará un ano máis no...