InicioCulturaO documental “Vencerse é cousa de se tratar” sobre Xela Arias, este...

O documental “Vencerse é cousa de se tratar” sobre Xela Arias, este domingo na TVG

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou na produción do documental “Vencerse é cousa de se tratar”, que ten como fío condutor a creación do mural de Xela Arias que loce en Sarria, na rúa que leva o nome da autora, a carón da capela de San Lázaro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O traballo documental de Valeria Pereiras emitirase este domingo, ás 15.15 horas, na Televisión de Galicia, como parte da programación polas Letras Galega. O documental nace da gravación deste traballo artístico de Mon Devane e coa participación de estudantes dos institutos Xograr Afonso Gómez e Gregorio Fernández de Sarria, convidadas a reflexionar sobre a figura de Xela Arias e dar opinión sobre a súa escrita.

“Xela Arias pertence a esa xeración de poetas dos 80 que conectan de xeito especial coa mocidade, coas súas inquedanzas, ansias de liberdade e espíritu rebelde”, apunta o produtor executivo do audiovisual, Manuel Fernández, que destaca “a intención de destacar o carácter performático da poesía de Xela Arias”.

O documental recolle ademais a lectura a cámara de poemas da autora sarriá por parte de persoas destacadas da literatura e tamén da música galega. No que respecta á biografía, o audiovisual divulga os aspectos máis descoñecidos e curiosos da vida da escritora “a través de rótulos sobreimpresos, con frases breves que resumen de xeito dinámico a súa traxectoria”, explica o produtor.

A colaboración co documental encádrase dentro das actividades promovidas pola Vicepresidencia da Deputación en relación coa figura de Xela Arias no ano da homenaxe polas Letras Galegas.  Entre elas, a mostra itinerante “Xela Arias. A poesía do retrato”, que pode verse nestes días en diversos puntos do casco urbano de Sarria, ou a serie audiovisual  “Outras voces para as Letras de Xela”, que se está a difundir a través da canle de Youtube e das redes sociais da Vicepresidencia. Ademais, nesta semana, 140 centros educativos recibiron un lote de libros arredor de Xela Arias.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...