HomeCultura"Aquela nena de Sarria" chega a Triacastela, Samos e Paradela

“Aquela nena de Sarria” chega a Triacastela, Samos e Paradela

A exposición Aquela nena de Sarria, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas, xa está aberta ao público de xeito simultáneo nos concellos de Triacastela, Samos, Paradela e Portomarín, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e impulsada polo Colectivo Egeria, encargado do seu comisariado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As mostras poderán verse ata mediados do vindeiro mes de agosto nos propios concellos ou na casa da cultura, no caso de Paradela.

A mostra, que se desenvolverá paralelamente nestes catro concellos, está composta por tres prismas con paneis que reflicten aspectos da vida da autora xunto con poemas e textos que lle dedican dende destacados escritores galegos ata alumnos e alumnas dos institutos sarriaos Xograr Afonso Gómez e Gregorio Fernández.

Tamén inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e debuxos da pintora lucense Sabela Arias.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...