InicioCulturaO Nadal tradicional en Galegos, San Vicente de Castillón

O Nadal tradicional en Galegos, San Vicente de Castillón

Desde Segredos de Pantón animan a visitar este núcleo que nesta ocasión se decorou cun montón de adornos reciclados e as veciñas do lugar fixeron un gran Belén e un museo de pezas antigas. Tódolos adornos quedarán ata pasar o día de Reis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O núcleo de Galegos en San Vicente de Castillón, no concello de Pantón, celebra cada ano un Nadal tradicional, decorando a veciñanza os distintos lugares da aldea.

Segredos de Pantón recolle na súa web costumes asociadas ao Nadal no concello, onde tradicionalmente se celebraba a Noite das Trangalladas , tamén dito dos Cancelos, Trasgadas ou das Trasnadas, o 24 de decembro ou o 31 de decembro, cando a mocidade saía a esconder, arados, carros e cancelos para cortalos camiños e colgalos das árbores.

O 28 de decembro, segundo a tradición, as bruxas xuntábanse para repartilo traballo para o ano entrante. Pensábase que as meigas o 31 de decembro metíanse nas casas a bañarse nas olas con leite que estaban nas cociñas para sacarlles a manteiga.

En canto á tradición do Canto de Reis consiste en ir cantar diferentes paxoliñas ou cantos de Reises polas aldeas. Esta tradición realizábase na Noite de Reis do 5 ao 6, pero antigamente comezaba o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro. Mesmo nas casas os máis cativos cantábanllos aos seus familiares e dábanlles cartos ou o tradicional aguinaldo.

Galegos Nadal / concello de Pantón

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...