HomeCultura"A Rosa Incandescente" este día 13 ás 20:15 no Ateneo Casino

“A Rosa Incandescente” este día 13 ás 20:15 no Ateneo Casino

Este venres, 13 de maio, ás 20:15 o Ateneo Casino de Monforte acolle unha cita co cinema e a literatura, coa proxección da curtametraxe "A rosa incandescente", sobre a figura de Rosalía de Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na proxección participarán o director, David Vázquez, e a guionista, Anxos García Fonte. Tal e como explica Anxos García, o filme quere achegarnos ‘unha Rosalía de Castro próxima e directa’ que, interpretada pola actriz chantadina, Alba López, nos conta aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, así como as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.

A curtametraxe foi rodada en 2021 en Chantada, principalmente no Pazo de Sabadelle e no seu contorno. Unido ao traballo do director de fotografía,
Bruno Máez, o deseño de vestiario de Ana Gesto, a escolla de atrezzo de Alicia Fernández e o composición musical de Tamara Lorenzo, créase unha atmosfera máxica que transporta ao espectador directamente ao mundo de Rosalía de Castro.

A curta conta co patrocinio do Concello de Chantada, e a colaboración da
Fundación Rosalía de Castro e Pinancho Audiovisuais. O acceso á proxección é de balde ata completar capacidade da sala.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...