HomeEconomíaConvenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación...

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

Favorecerá o acceso á plataforma de xestión de emprego INSERE ás empresas asociadas e súmase a outros acordos estratéxicos xa asinados con A Túa Xanela, Caixabank, Gasóleos Monforte e recentemente, Nordés Club Empresarial da Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para beneficio das empresas asociadas. O acordo con AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos, que xa apoiara á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next na presentación ao público do seu plan director a comezos deste ano, posibilitará ás empresas asociadas o acceso á tecnoloxía INSERE. Trátase dunha plataforma de xestión de emprego que facilitará o acceso aos profesionais que se precisan nos diferentes sectores.

Aproveitando a visita dunha trintena de directivos de AEMOS para coñecer a Ribeira Sacra o pasado venres 11 de xullo procedeuse á sinatura do convenio entre o presidente de AEMOS, Manuel Castro e o secretario da Asociación, Severino Rodríguez, na adega Regina Viarum. Este acordo súmase aos que xa se teñen asinado dende a agrupación económica con A Túa Xanela, Caixabank, Gasóleos Monforte e recentemente, Nordés Club Empresarial da Coruña.

Severino Rodríguez dirixíndose aos empresarios de AEMOS. Foto: Asoc. de Empresas Ribeira Sacra Next.
Empresarios de AEMOS na Adega Regina Viarum. Foto: Asoc. de Empresas Ribeira Sacra Next.
PLATAFORMA INSERE

O novo acordo, cunha vixencia de dous anos, ten por obxecto establecer un marco de colaboración entre AEMOS e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para o uso compartido da tecnoloxía da plataforma INSERE, así como para o desenvolvemento conxunto de accións formativas, de intermediación laboral e de dixitalización que favorezan a dinamización do emprego e, en xeral, o desenvolvemento socioeconómico das dúas comarcas.

Dende Ribeira Sacra Next afirman que esta colaboración permitirá: dispoñer dunha plataforma tecnolóxica avanzada sen necesidade de partir desde cero, optimizando recursos; potenciar a captación e retención de talento na comarca, articular unha canle áxil para a xestión de emprego e detectar as necesidades de desenvolvemento e cualificación profesional. Ademais, o emprego desta plataforma favorecerá o acceso a novas oportunidades de colaboración empresarial, participando en proxectos supramunicipais e intercambiando boas prácticas e modelos de xestión cunha agrupación empresarial de amplia base multisectorial. Con todo, afirman, “fortalécese o posicionamento das dúas entidades como axentes dinamizadores de transformación dixital e capital humano“.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...