HomeCulturaPreséntase a nova edición da 'Guía da Ribeira Sacra'

Preséntase a nova edición da ‘Guía da Ribeira Sacra’

Será este venres 3 de xuño no Ateneo Casino de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, día 3 de xuño e a partir das 20.15 h., terá lugar a presentación e sinatura de exemplares da nova edición actualizada da “Guía da Ribeira Sacra”, no Ateneo Casino de Monforte de Lemos. Trátase dunha obra de Manuel Garrido e está editada por Edicións Xerais de Galicia. A primeira edición desta guía foi publicada no ano 2008, e agora preséntase a súa terceira edición renovada e actualizada.

O acto está organizado pola Librería Agrasar, de Monforte de Lemos.

SOBRE A GUÍA

Esta guía práctica da Ribeira Sacra dá a coñecer ao visitante os encantos que esta comarca foi gardando ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquí de forma exhaustiva. Os ríos Miño e Sil son os protagonistas para o viaxeiro. A tradición dos viñedos e os seus ricos viños; os mosteiros e as igrexas, testemuñas do esplendor medieval; a potencia da súa natureza e as súas especies; a profundidade e fermosura dos seus bosques de carballos e castiñeiros; os seus encantadores carreiros; os seus pazos; as súas reitorais; e mesmo o seu acougo…, todo está recollido e documentado nesta guía práctica escrita por Manuel Garrido.

Excursións, consellos, turismo rural, roteiros, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografías abren esta guía ao visitante para descubrirlle unha das zonas máis fermosas da Península Ibérica.

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...