HomesociedadeA Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A Cabalgata de Reis do Concello de Monforte celebrarase o vindeiro luns, 5 de xaneiro. Como novidade, e debido ás obras que se executan na Estación de Renfe, as Súas Maxestades chegarán á pista cuberta da rúa Doutor López Suárez, fronte ao Cuartel da Garda Civil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que os nenos e nenas saúden aos Reis Magos, que chegarán cargados de ilusión e bos desexos, pero tamén de caramelos que repartirán entre os asistentes e durante o desfile polas rúas da cidade.

Alí conformarase a comitiva real, que estará integrada por catro carrozas cos reis e os paxes, coa tradicional participación do alumnado de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade, así como de diversos grupos musicais e ambientación de fantasía.

A Cabalgata comezará ás 18.30 horas dende Doutor López Suárez e avanzará cara Rosalía de Castro para facer o percorrido habitual polas rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal, Avenida de Galicia (Ponte Nova) e Campo de San Antón ata chegar á Casa do Concello de Monforte, onde serán os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde e demais autoridades e membros da corporación municipal nas escaleiras do edificio.

A continuación as Súas Maxestades lerán o discurso de dende os balcóns do Concello, finalizando a súa visita cunha recepción aos nenos e nenas na planta baixa do Consistorio.

O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas a asistir á Cabalgata de Reis e agradece a colaboración dos centros de ensino CEIP Monforte, Escolapios, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio Ferroviario e CEIP A Gándara.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...