InicioCultura"As cores do ferro", a partir do 18 de xuño no Incio

“As cores do ferro”, a partir do 18 de xuño no Incio

O Incio acolle a partir do 18 de xuño a mostra 'As cores do ferro', una exposición de arte mineral de María Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio colabora coa artista, María Quiroga, que o día 18 de xuño inaugurará  no antigo mercado gandeiro da Cruz do Incio a súa mostra ‘As cores do ferro’, unha exposición de arte mineral composta por máis de 15 cadros.

A exposición, que abre o día 18 ás 18 horas, poderá visitarse ata o día 28 de xuño en horario de horas solicitando as chaves na Casa do Concello. O día da feira, o 22 de xuño, permanecerá aberta ata as 18:00 horas.

‘As cores do ferro’ é una mostra de máis de 15 cadros elaborados coa técnica da arte mineral que a autora aprendeu do Mestre A. Bello López. Moi vinculada ao Incio, María Quiroga explica que “todos os cadros están feitos con pedras, rochas e coios recollidos a maioría nos montes da contorna, especialmente na Ruta do Ferro”.

María Quiroga

María Quiroga, quere destacar como con pedras tinguidas polo óxido de ferro, que foi a primeira pintura de cor e é tan abundante na Terra brava, se pode facer unha colección de traballos suficientemente variados, aínda que estean feitos con ocres, brancos e negros, o que ofrece como resultado unha mostra amena e interesante.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...