HomeCulturaNace ‘O Son da Aldea’, un festival cultural en Toldaos

Nace ‘O Son da Aldea’, un festival cultural en Toldaos

Será os días 24 e 25 de xuño e está organizado pola Asociación de Veciños As Candelas de San Xoán de Toldaos, no Concello de Pantón. Coñecemos o programa de actividades.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo nos conta Javier Goyanes, dinamizador rural declarado, todo empezou cando decidiu ir vivir á aldea da súa nai, Toldaos, lugar no que está poñendo moita enerxía e ilusión limpando camiños, recuperando patrimonio, etc. Despois de sete anos pensou, xuntamente coa veciñanza, que era a hora de organizar un evento, e así nace ‘O Son da Aldea’, I Festival Cultural de Toldaos.

Os días 24 e 25 de xuño realizarán diferentes actividades para dar a coñecer Toldaos e contorna e xuntar xente que queira pasalo ben.

O venres 24 organizan un roteiro guiado por Toldaos para gozar da natureza e do patrimonio que alberga o lugar. A saída será ás 10:00 h. da Igrexa de San Xoán de Toldaos, cómpre reservar no teléfono 629 990 752 e o custe é de 2 € por persoa.

O sábado 25 de xuño, día grande da celebración, pola tarde haberá un recital poético no lugar das Pedras das Mouras, ás 17:30 h. e ás 19:30 h. un espectáculo de monicreques sobre a vida de Rosalía de Castro no Campo do Adrio de San Xoán de Toldaos. A montaxe leva por título “A viaxe de Rosalía” e está subvencionada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación De Lugo. Actividade apta para todos os públicos.

Chegada a noitiña, festa rachada a partir das 21:00 h. coas actuacións do grupo tradicional “Cadela Asasina” e “Xerezade” –23:30 h.–  Tamén no Campo do Adrio e con cantina para comer e tomar algo.

Dende Asociación de Veciños As Candelas de San Xoán de Toldaos advirten que haberá outras sorpresas…

ÚLTIMAS

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...