Homesociedade27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

A praza España de Quiroga acollerá este mercado que contará con 16 postos de artesanía e outros produtos locais e de proximidade cun horario de 11:00h a 14:00h pola mañá, e de 16:00h a 20:00h pola tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o Concello de Quiroga organiza novamente un Mercado de Nadal, de comercio local e artesanía.

Representando ao comercio de proximidade e ao sector da artesanía haberá 16 postos que se situarán nunha gran carpa: Etna (roupa, calzado e complementos), Xobel (roupa, bolsos e bixutería), Libraría Celia (libros e xogos educativos e de mesa), Aramel (mel da serra do Courel), Caurelor (marmeladas, castañas ao baleiro e mel), Riomao Estudio Creativo (artesanía da Ribeira Sacra especialista en bixutería, decoración, chaveiros, colgantes…), Trapalladas Artesanía (bixutería en prata e coiro), Hery Cremas (cosmética), Shadewolf (bixutería), A Rabuda (candeas de cera de xirasol e láser), Elgoal (ilustración e obxectos domésticos), Queixería Cumbres de Trevinca (queixos), Katoka Flowers (xoiería botánica), Crepería (filloas e gofres), Feito con Love (bixutería) e “Serendipia” (bixutería creativa en madeira e metacrilato e decoración de Nadal).

Para fomentar o interese polos oficios e pola artesanía vanse realizar obradoiros para a cativada, actividades creativas que ademais de ofrecer un espazo de lecer poden atraer a este mundo futuros profesionais. Están programados dous obradoiros, un de decoración de pintura en impresión 3D para Nadal o sábado pola tarde; e outro de elaboración de guirnaldas o domingo tamén de tarde.

Xente mercando no Mercado de Nadal. Foto: Concello de Quiroga.

A maiores, os dous días, 27 e 28, haberá un espazo de xogo infantil e sorteo dunha Cesta de Nadal ás seis e media da tarde. Este obsequio faino posible a asociación de comerciantes local.

O sábado 27 visitará a Feira grande de decembro O Apalpador que rematará na carpa do Mercado de Nadal para contar contos e historias para toda a familia. De 12:00 a 14:00 h.

O domingo 28, de 12:00h a 14:00h haberá unha demostración de torneado de madeira de oliveira a cargo de Artesanía Armaior. E como non podía faltar a música, para amenizar o mercado chegará este mesmo día e á mesma hora a charanga tradicional PÁNDEGA.

Actuación musical no Mercado de Nadal de 2024. Foto cedida.

Este novo Mercado de Nadal, de comercio local e artesanía, está organizado polo Concello de Quiroga contando co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación de Lugo e  o Centro de Artesanía e Deseño e coa colaboración da Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...