HomeCulturaCoplas de entroido en Sober

Coplas de entroido en Sober

O concello vén de convocar o V Certame de Coplas de Entroido no que primará a carga crítica e a sátira pero dende o respecto.

Publicado o

- Advertisement -

A finalidade deste certame é que se poñan de manifesto, de xeito crítico e humorístico, os feitos sucedidos durante o ano, preferentemente en Sober.

Pode participar calquera persoa, independentemente da súa idade, a título individual ou colectivo. As coplas irán representadas en estrofas en verso e o contido debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade.

O prazo de presentación será ata o martes 19 de febreiro e os traballos pódense entregar na Biblioteca Pública Municipal de Sober ou no propio concello.

Os tres mellores traballos levarán un premio en metálico valorado en 200 euros, 100 euros e 50 euros respectivamente. A entrega dos mesmos será o sábado 2 de marzo no XIII Baile da Cachucha.

A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha destas bases, mentres que a decisión do xurado será inapelable.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de novembro de Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...