HomeDeportesAberta a inscrición para o Night Trail de Quiroga.

Aberta a inscrición para o Night Trail de Quiroga.

Este evento deportivo contou na súa anterior edición con case 400 inscritos.

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 6 de xullo terá lugar en Quiroga a cuarta edición do Night Trail Quiroga. Trátase dun evento deportivo nocturno que na súa anterior edición xa contou cuns 380 inscritos.

Poderá participar todo o mundo, xa que haberá dous percorridos de distintos niveis. O primeiro, de 17 quilómetros, ten unha dificultade media-alta e os participantes deberán superar 835m de desnivel. O segundo é de dificultade media-baixa, está dirixido a todos os públicos e nel deberase superar un desnivel de 345 metros andando e correndo. Os organizadores sailentan que máis do 80% do percorrido será natural, evitando na medida do posible os treitos urbáns.

É posible inscribirse ata o día 3 de xullo, tanto a través da súa páxina web (dispoñible neste enlace) como no Concello de Quiroga. O prezo varía segundo o percorrido escollido: o de dificultade baixa custa 8 euros e o de dificultade alta 12. Ademais, todos os participantes recibirán unha camiseta técnica e unha medalla ao finalizar a competición.

Cartaz do IV Night Trail Quiroga / Cedida

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...