InicioDeportesA Ribeira Sacra promocionarase a través dun torneo de golf feminino en...

A Ribeira Sacra promocionarase a través dun torneo de golf feminino en Pantón

O Torneo de Golf Internacional Feminino "Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade" terá lugar entre os días 10 e 13 de xullo e nel participarán unhas 80 golfistas.

Publicado o

- Advertisement -

Entre os día 10 e 13 de xulllo terá lugar o Torneo de Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, que se celebrará no campo de golf do Oca Augas Santas de Pantón. Nel participarán unhas 80 xogadoras de 17 países, que aspirarán a mellorar a súa posición no ránking oficial e mesmo a ascender á máxima categoría do golf feminino.

Este martes día 9 o evento será inaugurado nun acto solidario a partir das 18:30. A esa hora terá lugar a presentación oficial do torneo a cargo das autoridades locais e da Dirección da cadea hoteleira galega Oca. A continuacuón haberá unha actuación musical a cargo do grupo Dani Barreiro & Friends, que interpretará versións de diversos temas das décadas dos 70, 80 e 90 e para os máis pequenos haberá zona de divertimento con inchables.

A recaudación íntegra desta festa benéfica destinarase á Asociación Ruliños Terra de Lemos, que presta asesoramento e apoio a nenos e adolescentes con necesidades especiais.

Na presentación, ademais de diversos representantes das institucións públicas de ámbito local tamén haberá representación do Consello Regulador da Ribeira Sacra. O Deputado Provincial de Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, explicou que “este evento dá a coñecer a nosa provincia como destino turístico e deportivo e é unha ocasión para mostrar o apoio á candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade“. Tamén anima a todos os veciños/as e afeccionados/as ao golf a asistir a esta competición, xa que a entrada será de balde.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...