HomeDeportesO volei está de moda en Monforte

O volei está de moda en Monforte

Éxito do Campus que organizou o C.V. Ribeira Sacra e éxito tamén do 'Torneo do Cadrado' que promove o Club Korbis, competición que remata hoxe.

Publicado o

- Advertisement -

Este pasado venres tivo lugar a clausura do VI Campus do Club Voleibol Ribeira Sacra no Pavillón Municipal da Pinguela. No acto fíxose a entrega de medallas e camisetas conmemorativas a cargo do Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a presidenta do clube, Yolanda Maciñeiras.

O grupo de adestradores/as estaba capitaneado pola xogadora internacional do Ribeira Sacra, Yoraxi Meleán, e xunto a ela tamén a catalana Rebeca Kruse e a quiroguesa Carolina Camino, internacional coa selección española.

No Campus participaron 60 nenos/as, cifra récord na organización deste evento.

Torneo do Cadrado de Volei Praia

Por outra banda cómpre salientar o éxito, un ano máis, do ‘Torneo do Cadrado’ de Volei Praia no que están participando un total de 201 parellas, outro récord tamén para a competición.

Torneo do Cadrado no Parque dos Condes de Monforte / XdL

Como curiosidades do torneo, que remata hoxe domingo 25, comentar que este ano estrenábase a categoría ‘Súper 80’, na que os dous participantes teñen que sumar máis de oitenta anos, e que o evento contaba cunha aplicación informática propia.

Esta innovación, APP oficial do torneo, permitiu recibir notificacións de cambios de horarios, da disponibilidade dos cadros e horarios actualizados, ou de calquera outra noticia en directo do acontecemento. O desenvolvemento desta aplicación foi un traballo desinteresado dun dos colaboradores do evento, o monfortino MoureDev by Brais Moure.

Curso de adestrador de Voleibol nivel I

A Federación Galega de Voleivol organiza xunto co Concello de Monforte de Lemos o curso de adestrador de Voleibol nivel I. Desenvolverase os días 31 agosto, e o 1, 7 e 8 de setembro coa colaboración do Club Korbis e C.V. Ribeira SACRA.

Coa obtención deste título poderase dirixir equipos en competicións oficiais de categorías cadete e inferiores. A inscrición deberá facerse a través do correo electrónico correo@fgvb.es enviando o modelo G-13 e o xustificante de pago dos dereitos do mesmo (125,00 €) que se ingresarán na conta da federación no Banco de Sabadell (ES71 0081 0499 6400 0137 8440). A data tope para apuntarse é o xoves 29 de agosto.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...