HomeDeportesO Club Quixós de Monforte compite en Mondariz Balneario

O Club Quixós de Monforte compite en Mondariz Balneario

Será esta fin de semana na 1ª Copa de España ‘Slalom Olímpico’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As augas do río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, serán o escenario esta fin de semana, 20 e 21 de febreiro, da 1ª Copa de España de Slalom Olímpico da tempada 2021. Nesta competición participarán os e as mellores piragüistas a nivel nacional.

No Club Piragüismo Quixós levan días adestrando, e fixérono coas novas medidas de seguridade sanitarias e aproveitando o abondoso caudal do Cabe grazas ás choivas destas semanas.

A expedición monfortina, como o resto das participantes, atoparase coas medidas sanitarias a cumprir na competición: test de antíxenos aos participantes, árbitros e organización, e tamén controis de temperatura. Cada equipo terá unha zona asignada para xuntarse e colocar o seu material. A competición realizarase sen presenza de público.

A primeira saída será este sábado 20 ás 10:30 h. coas primeiras clasificatorias para semifinais e o domingo 21, rematará a competición ao redor das 14:30 h.

PARTICIPANTES DO CLUB QUIXÓS

En C-1 xuvenil, masculino, compiten: Álvarez Vázquez, Efren (cadete) e Fernández Quevedo, Claudio (xuvenil).

En C-1 xuvenil, feminino, compiten: Díaz Quintian, Noa (cadete) e Prats Moreiras, Ximena (cadete).

K-1 xuvenil, masculino: Álvarez Vázquez, Efren (cadete), Fernández Quevedo, Claudio (xuvenil), e Rodríguez López, Gabriel (xuvenil).

K-1 xuvenil, feminino: Díaz Quintian, Noa (cadete) e Prats Moreiras, Ximena (cadete).

K-1 veterano, masculino: Serafín Moutiño, Carlos (veterano).

ABRIDOR K-1, senior, masculino: Gutiérrez Ontiveros, Nerea (infantil A) e Rodríguez López, Jacobo (infantil A).

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...