HomeDeportesInteresantes proxectos da Asociación Cultural e Deportiva “O Carballo” de Taboada

Interesantes proxectos da Asociación Cultural e Deportiva “O Carballo” de Taboada

Esta entidade púxonos ao corrente de iniciativas deportivas que impulsan como a escalada deportiva no monte do San Cristovo, as camiñadas e a recuperación da carreira popular “Entre Pazos e Carballos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural e Deportiva “O Carballo” foi fundada en 1985 no Concello de Taboada dedicándose á realización de actividades principalmente deportivas pero tamén culturais e de lecer.

Un dos deportes polos que están tirando moito é a escalada, unha práctica deportiva que está gañando interese día a día e que no 2020 tivo presenza olímpica nos Xogos de Tokio.

Neste senso, a A.C. “O Carballo” deu pasos importantes no seu proxecto de acondicionamento da Pena de Núñez, no monte do San Cristovo, para escalada deportiva. Un curso sobre equipamentos impartido pola Federación Galega de Montañismo, e financiado polo concello e o GDR, permitiulle á asociación abrir un total de tres vías de ascenso, con diferentes niveis de dificultade, algunhas das cales xa foron visitadas. “A apertura de novas vías será algo progresivo, en función da dispoñibilidade de material e tempo dos asociados”, comentan dende a asociación taboadesa.

Abrindo vías de ascenso. Foto: A.C. O Carballo.

SENDEIRISMO E CARREIRA POPULAR

Ao longo do pasado verán a entidade consolidou algunhas das rutas de sendeirismo polo concello. Fíxoo a través de paraxes de alto valor ambiental como o monte do San Cristovo ou o lugar de Deilás, a poucos quilómetros da vila de Taboada. O traballo consistiu na limpeza de camiños e a organización de rutas guiadas, agardando poder aumentar o número de rutas e de voluntarios/as para a súa realización.

A asociación comezou tamén a traballar na Carreira Popular “Entre Pazos e Carballos” do 2022, logo de que as edicións de 2020 e 2021 fosen canceladas por mor da pandemia.

OUTRAS INICIATIVAS

Outros proxectos que teñen en mente son a realización de cursos e actividades relacionadas co medio natural e agrario e a elaboración dun catálogo patrimonial interactivo. “Agardamos que se manteña o optimismo sobre a situación sanitaria e que isto nos permita dinamizar todos estes proxectos”, sinalan dende a Directiva.

Para concluír, a Asociación “O Carballo” trasládanos que se hai persoas interesadas en seguir as súas actividades, e/ou participar activamente dos seus proxectos, poden facelo no correo ac.ocarballo@gmail.com ou a través das redes sociais: Twitter, Facebook.

ÚLTIMAS

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de "Folcast" conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de...