HomesociedadeRemátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

A Deputación de Lugo vén de rematar unha actuación na estrada provincial LU-P-2704, ao seu paso polo lugar de Gradín, no concello de Láncara, cun investimento de 45.375 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da infraestrutura de drenaxe transversal, co obxectivo de garantir a estabilidade da calzada e mellorar a seguridade viaria nun treito que presentaba serias deficiencias estruturais.

O Deputado de Promoción Económica e Social e Alcalde en funcións de Láncara, Pablo Rivera Capón, desprazouse ata a zona para comprobar o resultado dos traballos, acompañado do concelleiro de Medio Rural, Servizos Públicos básicos e Mobilidade, José Manuel García Aldegunde. Rivera Capón destacou que esta obra “responde a unha necesidade real da veciñanza, nunha vía de uso frecuente que conecta varios núcleos rurais do concello e que presentaba riscos para a circulación. A actuación da Deputación permite restaurar a seguridade e garante unhas comunicacións viarias axeitadas no rural deste municipio”.

As obras executáronse entre os puntos quilométricos 4,650 e 4,690 da estrada LU-P-2704, que comunica o núcleo de Veiga de Anzuelos, na parroquia de Vilarello, coas parroquias de Trasliste e Bande. O tramo presentaba unha situación comprometida por mor do colapso dun tubo de drenaxe de 40 centímetros de diámetro, o que provocaba filtracións de auga que afectaban ao terreo e á estrutura da vía.

Un dos elementos máis destacados da intervención foi a construción dun novo muro de sostemento con escollera, tanto na zona onde se produciu a rotura do bordo da calzada como noutro punto onde se detectou unha importante erosión do terraplén. Estes muros permiten asegurar a estabilidade da estrada, evitar desprendementos e dar continuidade á plataforma viaria sen riscos para os vehículos.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...