InicioDeportesSeis equipos do Club Korbis nas fases finais dos Campionatos Galegos

Seis equipos do Club Korbis nas fases finais dos Campionatos Galegos

Nestes momentos atópase empatado con Calasancias da Coruña con seis equipos clasificados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fin de semana de éxitos para o Club Korbis que, unha vez finalizadas as eliminatorias clasificatorias para as fases finais dos Campionatos Galegos, certificou a clasificación de seis equipos e mantén a posibilidade de aumentar ese número co cadete feminino. En categorías inferiores tamén se logrou a clasificación de dous equipos en categoría benxamín.

Os equipos infantís feminino e masculino clasificábanse o sábado pola mañá, superando por 3-0 ao CV Pontevedra. Pola tarde, nun dobre enfrontamento, fíxoo o cadete masculino vencendo por dous inapelables 3-0 ao CV Vigo, que se unía ao junior masculino xa clasificado.

O domingo as xuvenís vencían a CV Ourense por 3-1 e as senior ao Black Volei Vigo por un claro 3-0 completando un pleno histórico.

Para os Campionatos Galegos o CD Korbis terá os infantís masculino e feminino; en cadete, o masculino, á espera de que o feminino remonte o 3-0 adverso co CV Ourense; en xuvenil estarán as mulleres, do mesmo xeito que en categoría senior. Se o equipo cadete feminino remonta, o Korbis converteríase no club de Galicia que máis equipos levaría ás fases finais en Primeira división.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...