HomeEconomíaRematou o obradoiro dual de emprego 'Serra do Faro IV'

Rematou o obradoiro dual de emprego ‘Serra do Faro IV’

No acto de clausura entregáronse os correspondentes diplomas aos 20 participantes que remataron os nove meses de formación remunerada. Once dos alumnos/as teñen agora a posibilidade de formalizar un contrato por 3 meses nalgunha empresa local.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou este venres o obradoiro dual de emprego Serra do Faro IV, que compartiron os concellos de Carballedo e Chantada e que a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou con 317.500 euros.

O delegado lembrou que se trata dun obradoiro dual, polo que a Xunta ofrece a posibilidade de subvencionar a contratación durante tres meses máis de 11 dos alumnos traballadores en empresas locais.

O obradoiro formou a doce persoas participantes nas especialidades de ‘Pavimentos e albanelaría de urbanización’ e a oito alumnos en traballos de xardinería e conservación e mellora de montes.

Entre os labores de utilidade que desenvolveron os participantes no obradoiro cómpre sinalar o acondicionamento da área recreativa da Barrela, en Carballedo e os seguintes traballos en Chantada: mantemento de xardíns e viveiro municipal, conservación do monte San Lucas e rexeneración das beirarrúas e zonas verdes da Avenida de Monforte.

Balseiro lembrou que o obxectivo prioritario dos obradoiros é “reorientar a traxectoria profesional dos participantes cara a áreas con boas perspectivas de integración no mercado laboral”, ao tempo que contribúen a reforzar os servizos e as dotacións dos concellos, executando traballos que doutro xeito terían que asumir as arcas municipais.

ÚLTIMAS

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...