HomeEconomíaAdif inviste 17 millóns de euros en 3 proxectos para mellorar o...

Adif inviste 17 millóns de euros en 3 proxectos para mellorar o ferrocarril na provincia

Adif ten en marcha varios proxectos para mellorar o ferrocarril na provincia de Lugo, nos que está previsto un investimento de máis de 17 millóns de euros. Trátase da redacción de proxectos de mellora da infraestrutura e vía do Covas-Monforte de Lemos e do subministro de carril para a renovación do treito Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, así como o tratamento de elementos da infraestrutura no treito Monforte-Lugo.  

Publicado o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa que coa publicación da licitación que se vén de facer no BOE,  abrirase o prazo de presentación de ofertas para a redacción de proxectos de mellora do treito Covas-Monforte de Lemos, correspondente á liña de ancho convencional León-A Coruña, un contrato que conta cun presuposto de licitación de máis de 3,36 millóns de euros.

O contrato é para a realización dos estudos e proxectos de mellora de desmontes, terrapléns, pontes, túneles, obras de drenaxe e renovación de elementos de vía do treito Covas-Monforte. O treito ao que se destinan estas actuacións, duns 85 km de lonxitude, formará parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León.

Ademais, Adif xa formalizou o contrato para o subministro e transporte de carril para a renovación de vía entre as estacións de Ourense-Monforte-Lugo. Este proxecto foi adxudicado nun importe superior a 14,6 millóns de euros á empresa ArcelorMittal España.

Este contrato divídese en dous lotes e inclúe o subministro de 15.118 toneladas de carril. O lote 1, para o treito Ourense-Monforte, componse de 6.436 toneladas e foi adxudicado en 6,3 millóns de euros. O lote 2, para o treito Monforte-Lugo, contempla 8.682 toneladas e adxudicouse por 8,3 millóns de euros.

Unha terceira actuación de Adif destinada a mellorar o ferrocarril na provincia é o proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura entre os puntos kilométricos 386,474 e 396,299 do treito Monforte de Lemos-Lugo, na liña 800. Neste caso, Adif somete o proxecto, para actuacións en elementos como pontes, túneles e explanacións, a información pública a efectos de expropiacións.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...