Os ERTEs ‘amortecen’ o preocupante aumento do paro en marzo

Subida do desemprego en todos os concellos da zona sur de Lugo. O número de parados ascende a 3.850 persoas no conxunto das catro comarcas do sur de Lugo.

Oficina do INEM de Sarria / XdL

A secretaría de acción sindical de CC.OO., dentro do gran pesimismo reinante con este parón económico sen precedentes neste século XXI, valora como positivo que “os ERTEs que se declararon fixérono por motivos de forza maior”, o que supón que os contratos quedan en suspenso, non computando os traballadores como parados e cobrando estes as prestacións correspondentes.

Por comarcas, na de Sarria subiu o desemprego en 81 persoas, en Lemos aumentou en 76, na de Chantada a cifra ascende a 30 e en Quiroga subiu en 12.

As cifras de paro por concellos queda como segue:

Sarria: O Incio queda con 60 parados (+7), Láncara con 119 (+6), Paradela 47 (+2), O Páramo 38 (+2), Samos 42 (+2), Triacastela queda con 35, os mesmos que tiña en febreiro, e Sarria suma 872 desempregados (+62).

Lemos: Bóveda ten 54 parados (+1), Pantón 106 (+5), A Pobra do Brollón 73 (+1), O Saviñao 177 (+5), Sober 115 (+1), e Monforte suma 1.155 parados/as (+63).

Chantada: Carballedo ten 64 parados/as (+4), Taboada 107 (+6), e Chantada 494 (+29).

Quiroga: Folgoso do Courel suma 50 persoas desempregadas (+4), Quiroga 184 (+5) e Ribas de Sil 58 (+3).

Analizando os datos en clave provincial, CC.OO. de Lugo considera que o recurso aos ERTEs foi unha boa opción e amortece o impacto da crise sanitaria que se desencadeou en marzo. Na provincia presentáronse 3.571 que afectan a máis de 12.638 traballadores, traballadores que de ir ao paro farían aumentar o desemprego na provincia nun 77,5 %.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here