O Plan Reactiva Monforte reparte 543.000 euros en axudas para 1.211 empresas

O Concello preveu unha partida de 1,4 millóns de euros en axudas para o Plan Reactiva, provintes do actual orzamento municipal, dos que finalmente se utilizan 543.000 euros.

Avda de Galicia Monforte / XdL

O Plan Reactiva Monforte comezou a andar a principios do mes de maio, cando o Alcalde deu a coñecer as liñas mestras de dito Plan nunha xuntanza ós representantes dos principais sectores económicos da cidade. O obxectivo, en verbas do Alcalde “foi actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da crise económica e social provocada pola COVID-19, e impulsar así a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, outorgando liquidez ás empresas da cidade, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, para así axudar ó mantemento da actividade económica e acadar tamén a protección do emprego”.

Axudas a 1.211 empresas, traballadores e autónomos

O Plan Reactiva Monforte, posto en marcha polo Equipo de Goberno ante a crise derivada da Pandemia da Covid-19, conta con 5 liñas de axudas:

  • 1.000 euros para pequenas empresasautónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, titulares de establecementos comerciais abertos ó público antes do 14 de marzo.
  • 200 euros para traballadores autónomos que, sen estar afectados polo peche de establecementos, se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo.
  • 200 euros para traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un ERTE en calquera das súas modalidades, sempre que non se tivese chegado a acordo co empregador para completar o 100 % da base reguladora.
  • 200 euros para traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido por parte do seu empregador por causas técnicas, organizativas ou da produción, excepcionándose os despidos disciplinarios, con posterioridade ao 15 de marzo.
  • 200 euros para traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado pola falla de actividade da empresa debido a circunstancias relacionadas coa Covid-19. 

Das 1.211 axudas resoltas para este Plan, 376 corresponden á primeira das liñas establecidas. Para elas, unha vez resoltos os correspondentes expedientes, destínase un importe de 376.000 euros.

O resto de axudas, nas que se engloban as liñas 2, 3, 4 e 5, corresponden a 835 expedientes de traballadores autónomos, traballadores por conta allea e traballadores contratados temporalmente, para os que se destinará un importe de 167.000 euros.

En concreto, para a liña 2, correspondente a traballadores autónomos, que no contactan con establecementos comerciais, que se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo de 2020 e por mor do Covid-19, resolvéronse 251 expedientes, cuxo importe total en axudas ascende a 50.200 euros.

liña 3, que engloba a traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un ERTE por mor do Covid-19, inclúe un total de 550 solicitudes para as que se destinan 110.000 euros.

liña 4, correspondente a traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido con posterioridade ao 15 de marzo, contou con 14 solicitudes que contarán cunha partida de 2.800 euros, e a liña 5, que se dirixiu a traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado pola falla de actividade da empresa debido ó Covid-19, abarcou 20 solicitudes, para as que se destinan 4.000 euros.

As empresas e as persoas beneficiarias, dependendo da entidade bancaria onde teñan as súas contas, recibirán nos próximos días as contías as que teñen dereito.

Alcalde informa que deste xeito procedemos ao pago correspondente das últimas solicitudes resoltas, “cumprindo así co compromiso que adquirimos coas empresas, autónomos e traballadores de Monforte polo que  destinamos a maior axuda económica que se fixo nunca dende o Concello, co obxectivo de impulsar a actividade económica dos nosos sectores produtivos e contribuír así a paliar os efectos do Covid-19”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here