InicioEconomíaOs 20.000 euros do VI Concurso Semente Ribeira Sacra repártense o día...

Os 20.000 euros do VI Concurso Semente Ribeira Sacra repártense o día 26

Cada presentación terá unha duración de 15 minutos. Ao finalizar a presentación o xurado que terá repartida a súa participación entre presencial (nunha sala do Parador de Turismo de Monforte) e remota (mediante videoconferencia); poderá facer as preguntas que consideren sobre o proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 26 de setembro, preséntanse os proxectos do VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 16 de febreiro. E a finais dese mes de febreiro coñeciamos a selección do xurado para que desenvolvesen os proxectos para a súa presentación ante o xurado.

Isto acontecía en febreiro e pouco despois chegaba a alarma sanitaria e todas as medidas que hai que tomar para evitar a propagación da Covid19. Así, o resto do calendario do concurso viuse modificado. Nesta ocasión e atendendo á situación sanitaria que padecemos, as presentacións faranse por videochamada cos concursantes.

              Horarios de presentación dos proxectos 

10:00SEND2ME (Buzón electrónico para entrega de paquetería)
10:25RECOVERY BLOOD (Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica)
10:50MONXEADO (Xeados creativos naturais da Ribeira Sacra)
11:15TIMBER SOUL INNOVATIONS (Construción con madeira local)
11:40FUTURALGA (Fabricación de envases a partir de algas)
12:05DESCANSO
12:30SISTEMAS BIODIXESTIVOS PARA ZONAS RURAIS 
12:55REFIX – ATLANTIC SEA WATER (Bebidas isotónicas a partir da auga do mar)
13:20PARQUES FOTOVOLTAICOS COMUNITARIOS
13:45TRASDEZA NATUR (Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico)
14:10APP&DOWN (Aplicación intelixente para persoas con síndrome de Down)

fallo do xurado coñecerase na xornada do 26 pola tarde con comunicación directa aos premiados e coa publicación na web e redes sociais.

Concurso aumenta a dotación dos seus premios e nesta edición cóntase cos seguintes:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...