HomeEconomíaBóveda xa presume de rotonda

Bóveda xa presume de rotonda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade deu por rematada a glorieta que dá solución a un punto viario conflitivo que é a intersección das estradas LU-652 e LU-546, ao seu paso polo concello de Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, comprobou días atrás o resultado da actuación acompañado polo alcalde do Concello de Bóveda, José Manuel Arias, e explicou que se investiron máis de 212.000 euros nesta obra.

A rotonda conta cun diámetro interior de 21 metros e un diámetro exterior de 41 metros, con accesos e saídas cun único carril. Os traballos tamén incluíron o acceso ao camiño de servizo existente na marxe esquerda do eixo Lugo-A Pobra do Brollón.

Na saída da glorieta, na dirección Pobra do Brollón, permitirase un xiro á esquerda para acceder á vía existente cara ao parque empresarial de Bóveda.

Neste punto proxectouse un paso de peóns accionado mediante semáforos e a instalación da semaforización correspondente, dando así continuidade a unha rede peonil existente na zona. As obras tamén contemplaron o repintado de marcas viarias e a colocación de nova sinalización vertical, balizamento e defensas, así como a reubicación da farola existente ao centro da glorieta.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...