InicioEconomíaDaveiga, a economía social e o rural seguen medrando en pandemia

Daveiga, a economía social e o rural seguen medrando en pandemia

Malia a dificultade de manter crecementos ‘pre-pandemia’, Daveiga conseguiu pechar o ano por enriba do 3,5% de crecemento natural. Neste punto chámanos a atención un detalle, o mercado portugués represéntalles nestes momentos un 60-70% do total de vendas de Galletas Mariñeiras.

Publicado o

POR
X.M.F.
- Advertisement -

Conversamos con Xosé Lois Lamazares, Coordinador Xeral de Daveiga -Lugar Daveiga, SLL- e un dos pais das Mariñeiras, para preguntarlle como lles vai por Chantada nestes tempos de pandemia e para coñecer un pouco máis o lado máis social e comprometido co desenvolvemento sustentable do proxecto.

No apartado laboral, conta tamén Lamazares que partiron con certa vantaxe para adaptarse ás inesperadas circunstancias. Dende 2015 teñen xa persoal da empresa traballando dende a casa certos días á semana, e antes da pandemia xa ofrecían un 20% de teletraballo voluntario para favorecer a conciliación familiar. Nese senso, traballar en remoto para labores de oficina non lles resultou ningún atranco para adaptarse á situación. Incrementáronse, en definitiva, o usos das novas tecnoloxías e as relacións externas limitáronse, facendo moitas reunións por videoconferencias.

“A economía social e o rural, teñen futuro”, esta é a visión do proxecto Daveiga, un proxecto que nos demostra que se pode ser rendíbel ao tempo que se mantén o compromiso coas persoas, os traballadores e o medio ambiente.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...