InicioEconomíaA Deputación creará 11 postos de traballo na Montaña

A Deputación creará 11 postos de traballo na Montaña

Algunhas das áreas nas que repercutirá a creación destes postos de traballo son o sector primario, a construción, a contratación de peóns ou o sector servizos.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo creará ao redor de 300 postos de traballo nos concellos da provincia grazas ao investimento de 3,5 millóns de euros prevista no Plan Único, programa aprobado polo organismo provincial e dotado na súa totalidade con 21,5 millóns de euros.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou a importancia dun investimento que “favorece que as persoas se asenten no lugar onde residen e combater así a caída demográfica, ademais de contribuír á dinamización da economía e á xeración de riqueza”.

Algunhas das áreas nas que repercutirá a creación destes postos de traballo son o sector primario, a construción, a contratación de peóns ou o sector servizos. Pero a Deputación apuntou que tamén se crearán novos postos de socorristas, monitores turísticos, administrativos, enxeñeiros forestais ou conserxes, entre outros.

Por comarcas, os concellos da Mariña destinarán 725.000 euros na creación de 56 empregos enfocados ao lecer e ao tempo libre, á construción e ao sector primario. Entre os postos de traballo, Barreiros, Alfoz ou Lourenzá contratarán a persoas para o sector turístico, Ourol a peóns forestais, e Ribadeo e O Vicedo, técnicos para o mantemento de zonas rurais e o medio ambiente.

Tamén os 11 municipios da comarca de Montaña crearán 54 empregos no sector primario, a administración e a construción mediante unha partida de 690.000 euros, “que permitirán fixar emprego no territorio en sectores de gran valor para os concellos”.

A comarca da Terra Chá, pola súa banda, destinará 538.000 euros á creación de 34 postos de traballo en sectores como a construción ou a administración. A mesma cantidade de empregos crearanse nos municipios de Sarria, onde os concellos contratarán principalmente peóns cun investimento de case 420.000 euros.

Doutra banda, os municipios da comarca de Lugo centrarán a súa partida, dotada con 366.000 euros, na contratación de 32 persoas na construción, a administración e en persoal para a conservación e mantemento de zonas rurais. Os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, que conforman a comarca de Ulloa, crearán 14 empregos entre auxiliares de enfermaría, mestres de escola infantil e arquitectos, entre outros.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...