HomeEconomía67 proxectos rexistrados ao VIII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

67 proxectos rexistrados ao VIII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O vindeiro 20 de xullo daranse a coñecer os 10 proxectos finalistas máis 3 de reserva que formarán parte da final desta edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 67 proxectos foron rexistrados na web www.sementeribeirasacra.org co obxectivo de participar na VIII edición de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

O concurso, que fará públicos os 10 finalistas máis o 3 de reserva o vindeiro 20 de xullo, ten como obxectivo estimular ás persoas que teñen unha idea para fomentar o emprendemento conforme ás bases estipuladas. Trala selección dos proxectos, os elixidos terán ata o vindeiro 30 de setembro para achegar a documentación relativa á idea. Finalmente, o 12 de novembro, pola mañá, os finalistas defenderán as súas propostas ante o xurado que logo da deliberación, darán a coñecer os gañadores. Xa pola noite celebrarase a gala de entrega de premios.

Nesta nova edición repartiranse un total de 18.000€ en premios, repartidos en 10.000€ o primeiro premio, 5.000€ o segundo e 3.000€ o terceiro.

A Asociación Semente Monforte nace no ano 2014 trala chuvia de millón que deixou a lotaría de Reis en Monforte de Lemos. Así, algúns dos agraciados co premio crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra co apoio de institucións públicas e privadas que desexan ver medrar o tecido empresarial do rural. Deste xeito, e co obxetivo de axudar a materializar o proxecto, xa van 7 edicións celebradas deste concurso a través do cal se repartiron máis de 100.000€ en premios.

ÚLTIMAS

A accesibilidade á vivenda inflúe na man de obra que chega á Ribeira Sacra

Este 20 de novembro desenvolvíase o I Foro de Emprego Ribeira Sacra que promove...

Sarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4×4

A competición, organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria,...

Pase de outono de ‘Vendaval’, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra

Vendaval, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra, comezou este xoves, 20 de...

Sete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de Cross en Atapuerca

Este domingo, 23 de novembro, o Centro Arqueolóxico Experimental de Atapuerca acollerá o Campionato...