HomesociedadeA Torre da Homenaxe monfortina lembrará o 'Día Mundial do Colangiocarcinoma'

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

Será este xoves 19 de febreiro iluminándose de cor verde. Trátase dun xesto simbólico iniciativa do Concello de Monforte e coa finalidade de sensibilizar á poboación sobre este tipo de cancro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares en España, (ATUVIBI), que promove a campaña #IluminaEnVerde26 para representar con esta cor a esperanza e a concienciación en torno ao colangiocarcinoma e os tumores da vía biliar.

O Alcalde de Monforte, José Tomé, apunta que con este xesto, “o Concello de Monforte  quere facer extensiva a toda a cidadanía a conmemoración desta data e brindar apoio ás persoas diagnosticadas con esta enfermidade e ás súas familias, ademais de dar visibilidade e sensibilizar á sociedade sobre este tipo de cancro, o tumor das vías biliares máis frecuente pero aínda pouco coñecido”.

O COLANCIGIOCARCINOMA

Está considerado como un cancro “raro” por mor da súa baixa incidencia, xa que representa o 2% dos casos oncolóxicos en toda España, aínda que o seu diagnóstico está aumentando nos últimos anos. Os tumores da vía biliar son crecementos anormais de células canceríxenas que se forman das células das vías biliares. Estas estruturas son esenciais para transportar a bile, un líquido dixestivo producido polo fígado que axuda a dixerir as graxas.

Malia ser unha enfermidade pouco frecuente, o colangiocarcinoma intrahepático (un dos subtipos de tumores da vía biliar) é o segundo cancro de fígado máis diagnosticado do mundo, por detrás do hepatocarcinoma. Trátase dunha enfermidade moi agresiva e o 80% dos casos detéctase en fases avanzadas, cando xa case non hai opción de tratamento curativo. A tasa de supervivencia a 5 anos soamente chega ao 20%.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...