InicioEconomíaMonforte destina 25.000€ a axudas para adquisición de material escolar

Monforte destina 25.000€ a axudas para adquisición de material escolar

“En previsión do aumento da demanda deste tipo de axudas, dende o equipo de goberno decidimos incrementar en máis de 5.000 euros as axudas para este ano 2022, alcanzando os 25.000 euros”, destacou o rexedor monfortino. En 2021 foron 169 as solicitudes resoltas favorablemente fronte ás 192 de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte aproba as axudas destinadas ás familias de Monforte para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2022/2023.

As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar os gastos que supoñen a adquisición de material escolar e libros, ante o inicio do curso escolar o vindeiro mes de setembro.

Estas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario están destinadas ó alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2022/2023 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Recollida de vales e requisitos

Os vales axuda poden recollerse ata o 9 de setembro na Secretaría do centro de  Servizos Sociais do Concello emprazada no primeiro andar do centro Cívico Social (Paseo Malecón s/n). O importe destas bolsas vai dende os 72 euros ata os 340 euros, dependendo do número de fillos ou fillas por familia e do curso que estuden. No caso de non retirar o vale no prazo establecido entenderase existe unha renuncia tácita e procederase a anular o vale.

Se o importe do material escolar adquirido é inferior ó valor do vale, o persoal do establecemento deberá establecelo na factura correspondente ó interesado  que emitirá o concello de Monforte de Lemos facendo constar o número de vales e o importe realmente gastado, perdendo a persoa beneficiaria a diferenza; se o importe fose superior ó do vale, o persoal do establecemento emitirá a factura polo importe do vale e a diferenza será facturada á persoa solicitante. O Concello soamente asumirá a contía establecida no vale. Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento. Unha vez entregado o material escolar a persoa solicitante entregará o vale asinado ó establecemento que quedará en posesión do mesmo.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...