HomeEconomíaRecreación das feiras de antes no Courel

Recreación das feiras de antes no Courel

Seoane do Courel quere potenciar a feira do segundo e cuarto domingo de mes e mañá daralle unha ambientación rústica na que non faltarán postos de diferentes temáticas, a subasta de xovencas e baile para rematar a xornada.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel, en colaboración ca Asociación San Xoán de Seoane do Courel, organiza un día de Feira na localidade de Seoane. O obxectivo deste evento é potenciar, polo menos unha vez ao ano, o mercado que se celebraba en Seoane cada 2º e 4º domingo de cada mes. A feira pretende recrear aquel mercado, ambientando o escenario da feira con decoración e vestimenta de principios do século XX.

Como nas feiras tradicionais contarase con postos de venda de plantas e sementes, roupa, artesania, produtos da zona e exposición e venda de gando. Ás 12:30 horas terá lugar unha poxa de xovencas de ACRUGA. Poderase comer o polbo para xantar e pola tarde festa co grupo musical Trío Innovación para rematar a xornada.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...