InicioEn profundidadeManuel Lorenzo Varela: "Co viño e as producións leiteiras a economía de...

Manuel Lorenzo Varela: “Co viño e as producións leiteiras a economía de Chantada é frutífera. O Polígono está case a tope”

"O Polígono de Chantada nestes momentos está case a tope. Nós estamos pensando nunha segunda ampliación e podería ser a través dunha sociedade urbanística liderada polo concello ou a través das institucións que hai creadas para aumentar os polígonos", asegura o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Publicado o

- Advertisement -

Desde xaneiro do 1996, Manuel Lorenzo Varela é alcalde de Chantada co PP; se ben do 2011 ao 2019 fíxoo encabezando a candidatura de Independentes Terras do Asma. Falamos con el sobre o concello, proxectos, turismo, economía e as próximas eleccións municipais, aproveitando que Chantada recuperou a Feira do Viño despois de dous anos e fará o propio coa Subida a Chantada que se celebra a finais de xullo. Ademais, a comezos de mes aprobábase o Plan Territorial Especial para San Fiz de Asma.

Que vai supoñer para Chantada este Plan Territorial?

Para entendernos, ordenar o territorio. Empezábanse a facer moitas edificacións con licenza ás que moitas veces ampliábaselles a superficie, e iso non se pode facer. Agora vai quedar un marco legal onde tanto os propietarios de viñas como o concello e todos os que estean dispostos a vir comprar unha viña e adecentar unha adega tradicional de hai 100 ou 200 anos saben que van poder aumentala ao 50%, que van poder engadir soterradamente os metros que queiran,… Se non tes adega vas ter que ter 2000 metros de ribeira para poder facer unha adega nova. Non se poden facer casas nas viñas, pero modificar as que hai antigas sen problema, sempre e cando non se aumente máis do 50% ou se faga unha ampliación soterrada para adega de garda. A conselleira dixo o outro día que isto vai ser un modelo que sirva para outras zonas de Chantada e para toda a Ribeira Sacra.

San Fiz do Asma / turismo.gal

Este mes Chantada recuperou a Feira do Viño despois de dous anos e fóra da data habitual, que significa volver á Feira do Viño?

A Feira do Viño a pesar de coincidir coa Semana Verde de Galicia, coa Festa da Cereixa de Ribas de Sil e coa Festa da Carne ao Caldeiro e Bola con Torresmos de Dozón, foi un éxito rotundo. Ao mellor un pouco menos de xente que nas datas habituais, pero estívose moi cómodo, cun clima estupendo no que as nubes axudaron e estábase perfectamente debaixo das distintas carpas. Tanto as adegas como os comerciantes e empresarios da carpa do centro comercial aberto, penso que a inmensa maioría contentos e satisfeitos. Había ganas de Feira do Viño, é un impulso aos produtos da nosa terra, sobre todo do viño, pero coa carpa que montan empresarios e comerciantes hai todo tipo de produtos e alimentos.

Ao redor do viño e das adegas e das producións leiteiras a economía de Chantada é frutífera

O sector do viño que supón económicamente para o concello?

Temos entre 10 e 11 mil vacas, a maioría frisonas, dando leite e hai quen di, que dá máis o viño. Un amigo con gandaría e que elabora viño dime que o viño supera en economía ao longo do ano ao leite. Ao redor do viño e das adegas e das producións leiteiras a economía de Chantada é frutífera. Tamén hai que dicir que o Polígono de Chantada nestes momentos está case a tope. A segunda fase da ampliación fíxose no seu momento coa extinguida Suplusa e creo que lle quedan só 4 parcelas por vender á Deputación. Nós estamos pensando nunha segunda ampliación e podería ser a través dunha sociedade urbanística liderada polo concello ou a través das institucións que hai creadas para aumentar os polígonos.

Feira do Viño 2022 / Concello de Chantada

Manuel Lorenzo Varela comeza a ser alcalde case cando a D.O. Ribeira Sacra comezou a funcionar, notouse a profesionalización do sector?

Hai un abismo dos primeiros viños aos de agora. O viño de colleiteiro era saboroso, pero faltáballe máis da variedade fundamental que é a Mencía, aumentou a gradación e puliuse a acidez. Hoxe tomar uns viños dos que se colleitan en Chantada para acompañar aos produtos de aquí funciona dunha maneira excepcional, e podes beber máis dun vaso.

O sector do viño, o turismo, o Camiño de Inverno,…. Ese ambiente que supón co paso do tempo?

Unha oferta turística que temos sen explotar como é debido, imos deixar pasar un pouco tempo, pero vai ser un boom. Escoitas á xente que vén polo Camiño de Inverno e queda impresionada coas baixadas de Diomondi ata o Miño, os codos de Belesar. Empezamos a ter xa tres albergues en Chantada afortunadamente. Temos que dar todos o servizos posibles para que disfruten do Camiño e do municipio, en torno ao viño, ás ribeiras e ás igrexa que temos; hai dúas que son unha marabilla, Pesqueiras e Santa María de Nogueira entre moitas otras. En torno a todo iso temos que ser capaces de vender o produto o mellor que se poida.

Camiño de Inverno sinalización / Concello de Chantada

Fixémonos con dous edificios na zona vella de Chantada cos que imos mellorar servizos

Románico, viño, paisaxe,… e Chantada ten empresas importantes que tamén son bandeiras do concello, Vinigalicia, Daveiga,… que opina o alcalde?

Vindo de Lugo atópaste con Vinigalicia que é a propietaria tamén de Vía Romana, adega da D.O. Ribeira Sacra pola que pasa o Camiño de Inverno á beira e contamos con outras importantes adegas que hai no concello. Se nos imos ao polígono está Daveiga coas mariñeiras que crecen como escuma e do que nos alegramos. Están facendo unha obra importante agora no polígono. Temos tamén a empresa hoteleira Hotusa que está funcionando aquí con 210 persoas nestes momentos. Se isto vai ben é posible que fagan un desenvolvemento importante en Chantada despois da compra de 90.000 metros. Customdrinks de Estrella Galicia están encantados de estar en Chantada e fan produtos innovadores para distintas partes do mundo, os queixos de Airas Moniz e outras empresas que levan o nome de Chantada.

Neste 2022 que propósitos ten o concello que non se pudieron facer antes, ao mellor pola pandemia?

Fixémonos con dous edificios na zona vella de Chantada, na rúa Formoso Lamas e na Praza do Cantón. No primeiro queremos facer o servizo da nova biblioteca de Chantada e no outro, ao carón do concello, ampliaremos os servizos municipais porque estatamos bastantes achicados na casa consistorial actual, os plenos coa pandemia celebrámolos na casa da cultura. De facer estes dous proxectos estaremos superorgullosos.

Estamos traballando tamén para ter o mellor servizo nas estradas do concello, levamos 25 km de aglomerado en quente e vai comezar outra empresa para 8 km máis. No último pleno destinamos do remanente de tesourería 600 e pico mil euros para seguir asfaltando con aglomerado en quente.

Neste intre estamos traballando cun obradoiro de emprego na Avda. de Monforte que nos quedaba unha zona por adecentar e inauguramos no Sangoñedo un parque infantil que está a gustar moito.

Sangoñedo parque infantil / Concello de Chantada

Vas buscar á oficina de emprego camareiros, coidadores,…e non encontras

O servizo do SAF e a N-540, como están estas dúas cuestións?

Acabamos de ter unha reunión coa empresa do SAF para seguir traballando con eles, adxudicáronselle dous anos para poder ampliar a 4, 1 + 1. Hoxe a problemática maior está en atopar xente para traballar nos servizos do SAF e otras cousas, transporte, hostalería,… Élles difícil atopar xente para traballar, cousa que non entendo porque se hai 3 millóns e pico de parados nestes país e vas buscar á oficina de emprego camareiros, coidadores,… e non encontras. É sorprendente.

Na Xunta de Seguridade para a Feira do Viño preguntaba a Subdelegada canto levaba de Lugo a Chantada e díxenlle 50 minutos-unha hora, cando nos arranxen a 540 estás enseguida. O Presidente da Xunta pretende que os tres partidos fagan un parquete de necesidades para Galicia e os alcaldes da zona tamén dixémoslle de poñer na lista a autovía A-56 que comunicaría Lugo con Ourense.

A min gustaríame repetir indudablemente, pero isto xa non depende só de min

Vaise presentar ás próximas eleccións?

En principio temos que valoralo, se son sincero eu teño ganas, a min gústame isto, ofrecer os mellores servizos posibles aos meus cidadáns de Chantada, que estarei toda a vida en débeda con eles. Dunha maneira ou doutra sempre me mantiveron aí, sempre con maiorías suficientes para gobernar este concello. A min gustaríame repetir indubidablemente, pero isto xa non depende só de min.

Proxectos importantes para o alcalde se saira reelexido?

Teño moitas ganas de alongar o paseo fluvial que comunica Chantada coa parroquia de San Salvador de Asma, ata onde hai unha minicentral, facer pasarelas e paseos. Hai outro que teño desde vello na cabeza, pero é costosísimo: no canto de bombear auga do Asma para darlle subministración a Chantada, e zonas perimetrais, facer unha traída cos manatiais que hai no monte Faro, seguiriamos dando subministración a todas as parroquias e incluso a Chantada. Para min é un proxecto importantísimo, estariamos falando de 7 a 8 millóns de euros. Ademáis de meter a auga ás distintas parroquias, facer alcantarillado, temos feitos uns cantos pero non os suficientes, o 70% da poboación ten depuración.

Temos que insistir non arranxo das estradas da Deputación de Lugo, ténnolas feitas un desastre, incluso dinme os veciños, Manolo tes que arreglar esta estrada e nós insistimos nestas petición pero non dan para máis .

Dálle tempo ao alcalde de ser alcalde e senador? Usa o AVE?

Fun creo, que 3 veces en avión a Madrid, eu sempre utilizo o Alvia, 4 horas e media que ás veces levávante un tramo en autobús. Agora no AVE l´évache 2 horas e cuarto xustas porque só para en Zamora e o Alvia que leva menos de 3 horas.

O traballo, desde o meu punto de vista é moi grato estar alí, ver como se debaten temas do noso país, pero debe ser precioso cando estás alí e o teu partido goberna, tes outras posibilidades de conquerir cousas que nestes momentos é difícil. A empresa que se instalará en Palas, Altri, está moi interesada en que se termine Lugo-Santiago e en que a A-56 esté operativa, sería importantísimo para as comunicacións da Galicia interior.

Do 22 ao 24 de xullo volveranse ao escoitar os motores na 48 Subida a Chantada

É un espectáculo desde hai moitísimos anos. Eses días Chantada está ateigada tamén como na Feira do Viño, pero aquí nótase desde unha semana antes porque a xente vén facer probas; non queda onde comer no concello, vanse a comer ao Saviñao, Carballedo e incluso a Rodeiro.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...