HomeCultura3ª edición de 'Brindadeira', o festival que recupera o 'brindo' na Pobra...

3ª edición de ‘Brindadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

O sábado 19 e o domingo 20 de xullo este xeito de improvisación oral que se dá no Concello da Pobra do Brollón será o protagonista das actividades programadas na parroquia de Ferreiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un xénero de improvisación oral cantada propio de terras da Pobra do Brollón, así como doutras zonas da montaña lucense e incluso do Bierzo.

Esta terceira edición do festival Brindadeira contará coa colaboración coa asociación veciñal de Ferreiros e toda a programación terá lugar no local social e no campo da festa parroquial.

O evento arranca o sábado 19 ás 18:30 horas cun obradoiro de brindos dirixido a público de todas as idades. Deseguido, ás 20:00 horas comezará un espectáculo de brindo e regueifa co colectivo Erre que Erre e mais micro aberto para quen queira participar.

Ás 21:00 horas dará comezo a música cun concerto a cargo dos cantareiros de Cántigas e Frores, chegados dende Lugo, seguido dunha sesión de La Sincereza DJ para acabar a xornada bailando.

ANDAINA E CATA DE TORTILLAS

A actividade do domingo 20 empezará ás 11:30 cunha andaina pola aldea de Ferreiros guiada por veciñas e brindeiras. Ao remate da mesma terá lugar a I Cata de tortillas ‘Brindadeira’. Quen queira pode levar unha tortilla para compartir na cata colectiva e as tres máis votadas recibirán un premio.

Toda a programación é de entrada libre e de balde. Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello da Pobra do Brollón así como no seu perfil de Facebook (facebook.com/apobradobrollon) e de Instagram (@guimaralia).

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...