HomeMedio ambiente e Patrimonio‘Montañas do Courel’ quere coñecer a data dos seus glaciares

‘Montañas do Courel’ quere coñecer a data dos seus glaciares

O Xeoparque formalizou un contrato de investigación coa Universidade de Oviedo co obxectivo de coñecer a evolución glaciar das súas formacións montañosas de forma detallada.

Publicado o

- Advertisement -

Martín Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, apunta que resultará importante nestes anos, para manter e fortalecer a declaración de Xeoparque Mundidal da UNESCO “Montañas do Courel”, promover traballos de investigación sobre os recursos de patrimonio xeolóxico cos que conta o territorio. Grazas a estes traballos “poderase afondar no coñecemento dos mesmos e poderanse levar a cabo tamén labores de divulgación sobre os mesmos”, engade.

Nesta liña enmárcase o contrato de investigación para a datación dos glaciares nas montañas do Courel que o Xeoparque vén de asinar coa Universidade de Oviedo.

O pasado 25 de maio, durante as actividades celebradas dentro do Ciclo Semana dos Xeoparques Europeos, un equipo investigador dirixido polo profesor D. Jesús Ruíz Fernández -Dpto de Xeografía da Universidade de Oviedo- no que tamén participaron membros da Universidade de Santiago de Compostela e do Centre National de la Recherche Scientifique de Francia levaron a cabo un traballo de campo para tomar mostras en glaciares das Montañas do Courel. O obxectivo destes labores é o tratamento das mostras en laboratorio mediante o método dos isótopos cosmoxénicos e publicar os resultados do estudo para finais de ano nalgunha das principais revistas científicas de relevancia mundial.

Alemparte, coordinador de ‘Montañas do Courel’, indica neste senso que “coñecer as fases da evolución glaciar é crucial, feito que dotará ao Xeoparque de gran valor engadido de evidente interese xeomorfolóxico e patrimonial”.

O catedrático da USC Augusto Pérez Alberti, publicaba o pasado ano Xeomorfoloxía das Montañas do Courel, libro editado polo Grupo de Desenvolvemenro Rural Ribeira Sacra-Courel. Un importante traballo de identificación dos diferentes glaciares existentes no territorio, así como das morfoloxías erosivas e sedimentarias que se conservan, e que foi de gran axuda para fortalecer a candidatura de Montañas do Courel a Xeoparque Mundial da UNESCO.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...